martes, 28 de octubre de 2014

MENSAXE DE PEDRO CHOSCO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL


ENLACES DE INTERESE:



MENSAXE DA LURA PILAR PARA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA


ENLACES DE INTERESE:



MENSAXE DE ONZA PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA


ENLACES DE INTERESE:

MENSAXE DE PAPIRUS PARA O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA


ENLACES DE INTERESE:


MENSAXE DE AUGAMAR PARA O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA


ENLACES DE INTERESE:


MENSAXE DE CRISTAL PARA O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA


ENLACES DE INTERESE:


MENSAXE DE TAMBO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA


ENLACES DE INTERESE:









martes, 6 de mayo de 2014

UNHA CANCIÓN PARA DÍAZ CASTRO



Xa se achega o día de conmemoración das Letras Galegas, e por iso Tambo quere compartir con vos unha canción adicada ao escritor homenaxeado este ano, feita por os rapaces do Instituto que leva o seu nome, Díaz Castro.




Aquí vos deixamos a letra por se os animades a cantala



"Esa lus"

Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá 

(est 1)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo 
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus

(est 2) 
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus

Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá

(est 1) 
(est 2)

Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá

(est 1) 
(est 2)

jueves, 13 de marzo de 2014

CONTOS DO DEMO

Dentro de moi pouquiño, os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de Primaria poderán gozar do espectáculo de animación á lectura "CONTOS DO DEMO" de Inacio Vilariño.


miércoles, 12 de marzo de 2014

SESIÓN DE CONTACONTOS CON MARC TAEGER E OLALLA GONZÁLEZ

Marc Taeger (ilustrador do libro-disco "Tic Tac" de Pablo Díaz) e Olalla González (Editorial Kalandraka) fixeron disfrutar estes días aos nenos/as do primeiro ciclo dunha marabillosa sesión de contacontos no Recuncho de Tambo. 
Botade unha ollada ás fotos!!










viernes, 28 de febrero de 2014

O LIBRO-DISCO-DVD "TAMBO" PODE SER O MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2013 EN GALEGO

"Tambo" foi seleccionado como finalista dos Pemios Neira Vilas á edición do mellor libro infantil e xuvenil en galego 2013. O vindeiro 21 de marzo saberemos se houbo sorte...

AGASALLO DO ALUMNADO DO C.E.P. SEQUELO

Os nenos/as do C.E.P. Sequelo quixeron agasallar a Tambo cun fermoso poema... Moitísimas grazas!!


FERMOSO TRABALLO FEITO POR 31 CENTROS DO MORRAZO NA HONRA DE ROSALÍA DE CASTRO

Entre todos estes coles do Morrazo estamos os alumnos/as do C.E.I.P. Do Carballal...





martes, 18 de febrero de 2014

24 de febreiro, Día de Rosalía

Aquí vos deixamos a versión dixital dun dos libros sobre a gran escritora Rosalía de Castro, que tamén poderedes atopar nos andeis da biblioteca en formato papel. O vindeiro luns conmemoramos o día de Rosalía, así que veña rapaces, a ler!!!!!!!!!


jueves, 6 de febrero de 2014

PARA OS PEQUENOS-GRANDES ESCRITORES

QUEDERES ESCRIBIR AS VOSAS PROPIAS HISTORIAS COMO FIXO TAMBO? AQUÍ VOS DEIXAMOS UN ENLACE A UN PROGRAMA ONLINE PARA QUE O FAGADES. PODEREDES ESCOLLER OS FONDOS, AS PERSONAXES E O TEXTO E IREDES FACENDO POUCO A POUCO O VOSO CONTIÑO. VEÑA ANIMÁDEVOS A PASAR UN BÓ RATO.


CLICADE AQUÍ E A PASALO BEN:

viernes, 31 de enero de 2014

PREMIADOS DO CONSURSO "A LURA PILAR"


HOXE APROVEITANDO QUE SE REUNIU TODO O ALUMNADO E PROFESORADO DO COLE PARA FESTEXAR O DÍA DA PAZ, FIXEMOS A ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO.
MOITAS GRACIAS POR COLABORAR, SODES TODOS UNS GAÑADORES!!!!




martes, 28 de enero de 2014

INTERCAMBIO DE ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO CO C.E.I.P. PLURILINGÜE "A PEDRA" DE BUEU


O pasado venres día 24 de xaneiro de 2014 pasamos unha fermosa mañá neste centro de Bueu co que estamos irmanados grazas ó proxecto "Tambo" que mestura ás nosas mascotas de biblioteca.
Visitamos o BiblioCastelo, lemos algúns dos seus libros, merendamos ben rico, intercambiamos experiencias cos rapaces e rapazas e disfrutamos dunha actuación no Centro Social do Mar na que cantamos, bailamos, e escoitamos contos. Pasámolo moi moi ben!!
Se queredes ver fotografías, videos e algunha reseña podedes clicar nos seguintes enlaces: