Estás no blog da Biblioteca e do EDLG do CEIP do Carballal de Marín.
Son a tartaruga Tambo,
a súa mascota.
Agardo que pases un bo rato lendo as nosas lerias!
O pasado venres día 24 de xaneiro de 2014 pasamos unha fermosa mañá neste centro de Bueu co que estamos irmanados grazas ó proxecto "Tambo" que mestura ás nosas mascotas de biblioteca. Visitamos o BiblioCastelo, lemos algúns dos seus libros, merendamos ben rico, intercambiamos experiencias cos rapaces e rapazas e disfrutamos dunha actuación no Centro Social do Mar na que cantamos, bailamos, e escoitamos contos. Pasámolo moi moi ben!! Se queredes ver fotografías, videos e algunha reseña podedes clicar nos seguintes enlaces: