sábado, 26 de diciembre de 2015

jueves, 17 de diciembre de 2015

MOITA SORTE PARA PABLO

Este sábado 19 de decembro, ás 22.30 horas, poderemos ver na TVG, a Pablo Romero (5º de Primaria) participando nun concurso de voces infantís.
Aquí temos a mensaxe que os seus compis de clase lle deixaron!!!


O APALPADOR PASOU POLO COLE

Esta mañá recibimos a visita do Apalpador acompañado por dous gaiteiros e máis unha pandereteira.
Agardamos que vos traia moitos agasallos o día 24!!!


martes, 15 de diciembre de 2015

FELIZ NADAL A TODOS/AS DENDE O RECUNCHO DE TAMBO

Fantástico traballo decorativo, coma sempre,  da ANPA do C.E.I.P. Carballal...


CONTACONTOS BEN DIVERTIDOS

O alumnado de 6º de Primaria está a realizar unha labor importante durante este curso contando fantásticos contos aos nenos/as de Educación Infantil... ás veces son tan animados que están acompañados por bailes!!



MURAL DO ALUMNADO DE 5 ANOS

Os nenos e nenas de 5 anos, a través das súas visitas á biblioteca na procura de información, elaboraron este marabilloso mural sobre o mar.





viernes, 4 de diciembre de 2015

PARABÉNS AOS SELECCIONADOS PARA O CONCURSO DA TVG

A Televisión de Galicia seleccionou a 6 alumnos/as do noso centro para participar nun concurso de voces infantís.
Destacamos que de 18 seleccionados de toda Galicia, 6 son do C.E.I.P. Do Carballal de Marín, co que queda claro que hai boa materia prima musical neste pobo...
Moito ánimo aos catro participantes non seleccionados, o que non significa que sexan mellores nin peores: Samuel de 4º, Iago de 4º, Xabi de 5º e Daira de 6º.
Os afortunados/as son:
-Arabia de 6º
-Aroa de 6º
-Ainhoa de 6º
-Pablo de 5º
-Paula de 4º
-María de 5º

DENDE O RECUNCHO DE TAMBO DAMOS OS NOSOS PARABÉNS!!!

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

O noso amigo Dieder fíxonos unha demostración gratuita, durante esta semana, sobre percusión tradicional e percusión con material de refugallo.
Dounos moitas ideas para acompañar as nosas cancións sobre bichos que este ano faremos no P.D.I. promovido polo "Recuncho de Tambo"...
Se alguén está interesado nas súas clases, pode poñerse en contacto con el (657290808), xa que está a formar grupos en Marín.