martes, 21 de junio de 2016

VISITA Á ILLA DE TAMBO

O ano pasado fixemos un traballo conxunto, todos os nenos/as do cole, sobre a illa de Tambo, no que investigamos sobre a súa flora, fauna, xeografía, historia, lendas, etc.
Como colofón a ese proxecto promovido pola biblioteca, hoxe puidemos visitar a illa para ver de primeira man o que alí hai.
Visitamos o destacamento militar, o merendeiro, o lazareto, a capela, o polvorín, desfrutamos da praia e dunha fermosa travesía en barco bordeando a illa e o seu faro de Tenlo.
Agardamos, dende o Recuncho de Tambo, que vos gustara a visita e esperamos voltar de novo con todo o alumnado, xa que por causas alleas ao cole e por seguridade, non puideron vir os cativos de Educación Infantil.
Deixamos aquí algunhas fotos das miles que hoxe se tiraron... somentes para que quede testemuña da nosa presencia en TAMBO.
Feliz verán e deica o próximo curso!!!