martes, 21 de junio de 2016

VISITA Á ILLA DE TAMBO

O ano pasado fixemos un traballo conxunto, todos os nenos/as do cole, sobre a illa de Tambo, no que investigamos sobre a súa flora, fauna, xeografía, historia, lendas, etc.
Como colofón a ese proxecto promovido pola biblioteca, hoxe puidemos visitar a illa para ver de primeira man o que alí hai.
Visitamos o destacamento militar, o merendeiro, o lazareto, a capela, o polvorín, desfrutamos da praia e dunha fermosa travesía en barco bordeando a illa e o seu faro de Tenlo.
Agardamos, dende o Recuncho de Tambo, que vos gustara a visita e esperamos voltar de novo con todo o alumnado, xa que por causas alleas ao cole e por seguridade, non puideron vir os cativos de Educación Infantil.
Deixamos aquí algunhas fotos das miles que hoxe se tiraron... somentes para que quede testemuña da nosa presencia en TAMBO.
Feliz verán e deica o próximo curso!!!



viernes, 17 de junio de 2016

VISITA DE JUAN SAAVEDRA

Hoxe tivemos a visita de Juan Saavedra Reinaldo, tirador paralímpico de carabina de Pontevedra.
Quedamos abraiados da cantidade de premios que conseguiu.
Agardamos que teña moita sorte este verán!





FAIME CASIÑO

O alumnado de 4º de Primaria quere enviarvos unha mensaxe por medio desta canción con videoclip: botade crema para protexervos do Sol!!!
A letra foi composta por algúns nenos e nenas do cole que agora están en 6º e que xa marchan para o instituto.
Fixemos un novo arranxo musical... a ver se vos gusta e... feliz verán a todos/as dende o Recuncho de Tambo!!!


miércoles, 15 de junio de 2016

XADREZ PARA REFUXIADOS SIRIOS

Hoxe tivemos unha charla con Pablo García e Daniel Rivera da Escola de Xadrez Pontevedra.
Achegáronse ao Recuncho de Tambo grazas ao profe Yeray para contarnos en primeira persoa a súa incrible experiencia como voluntarios no campo de refuxiados sirios en Xordania "Azraq", un dos máis avanzados do mundo.
Estiveron 16 días alí ensinando xadrez. Aínda que semella de pouca importancia, este deporte xoga un papel fundamental na ocupación do tempo nos longos días alí...
Parabéns polo voso labor humanitario!!!


miércoles, 8 de junio de 2016

O MAGO PACO NO RECUNCHO DE TAMBO

O Mago Paco dounos unha boa lección sobre ciencia hoxe no Recuncho de Tambo!!!


EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Estamos a facer unha exposición de instrumentos musicais na aula de Música.
Pouco a pouco iremos subindo vídeos do noso alumnado.

Polo de agora temos:

-Aroa tocando o piano.
-Pablo coa súa trompeta.
-Pablo coa súa guitarra.
-Daira co seu violín.

Agardamos que vos gusten estes talentos!!!






PDI: "BECHOS"

Comezan a chegar ao "Recuncho de Tambo" moitos bonecos de bechos feitos polo alumnado...
Noraboa por estas creacións!!!