sábado, 26 de noviembre de 2016

"O COLE QUE QUEREMOS" (VIDEOCLIP)

Como sabedes, o PDI que este curso propuxo o recuncho de Tambo, leva por título: "O mundo que queremos"... seguindo a temática que traballará o Salón do Libro de Pontevedra.
O alumnado de 4º de Primaria compuxo unha canción na materia de Audiovisuais, seguindo esa liña, que fala do colexio que lles gustaría ter. 
Para iso, con algo de humor e retranca, argallaron este videoclip-protesta: "O cole que queremos".
Agardamos que vos guste!!!


E aquí tedes a versión karaoke por se queredes cantar!!!

viernes, 25 de noviembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, celebramos no cole o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con moitas actividades.
Houbo contacontos no recuncho de Tambo, lectura de historias inventadas polo alumnado, interpretación crítica de textos e algunha canción ("Sorriso triste" de Seso Durán e Olga Lalín).
Estamos moi agradecidos ao C.I.M. do Concello de Marín pola achega dun fermoso conto e polo material co que fixemos un distintivo ben bonito.
Deixamos un pequeno vídeo con algúns momentos destacados.


viernes, 11 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

Hoxe celebramos o Magosto no cole papando castañas, xogando, bailando e pintando a cara con carbón.
O alumnado fixo unhas cestas relacionadas co PDI deste ano e que promove O Recuncho de Tambo: "O mundo que queremos"... e decidiron que estiveran relacionadas coa ecoloxía. 
Saíron auténticas marabillas e algunhas foron premiadas.
Aínda que haberá máis vídeos, deixamos un como adianto para que vexades que ben o pasamos.
Agradecer á ANPA "Viñas Blancas" a súa colaboración.



martes, 8 de noviembre de 2016

SAÍDA AO IES "MESTRE LANDÍN" (VIII EDICIÓN DE CUCAÑAS)

O pasado 28 de outubro, o alumnado de 6º de Primaria, acudiu á "VIII Edición de Cucañas" convidados polo persoal do IES Mestre Landín.
Dende a biblio do cole apoiamos este tipo de iniciativas que manteñen viva a tradición.
Mirade que ben o pasaron!!!


viernes, 4 de noviembre de 2016

PULGARCITO

Dende "O recuncho de Tambo" sempre recomendamos asistir a eventos relacionados coa linguaxe literaria: narrativa, poesía e teatro. 
O alumnado de 3º de Primaria tivo conta disto e desfrutou da obra "Pulgarcito" o pasado día 2 de novembro en Pontevedra.