viernes, 24 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017

O Entroido de este ano gardou similitude cos tres grandes proxectos que estamos a facer no colexio: "O mundo/cole que queremos", "Educación Vial" e "O invernadoiro".
Todos os disfraces tiveron relación, en maior ou menor medida, con eles.
Deixamos este pequeno vídeo con algúns momentos vividos esta mañá.
Aproveitamos para presentar a canción que o alumnado de 4º (Audiovisuais) e 5º (Valores) de Primaria fixo inspirándose no libro "O monstro de cores", que xa sabedes que temos no recuncho de Tambo en galego e castelán.
Unha das voces é unha colaboración da pequecha Fadwa que sempre anda a cantar polo patio!!!
Moi pronto presentaremos tamén o videoclip.
Agardamos que vos guste e feliz Entroido!!!


viernes, 17 de febrero de 2017

CHARLA-COLOQUIO CON LUIS YEBRA

O venres, 10 de febreiro, tivemos unha charla-coloquio no recuncho de Tambo con Luis Yebra, excolaborador da Fundación Telefónica, co que xa traballamos en "Escolas Amigas" durante dous cursos.
Nesta ocasión, contounos a súa experiencia ao atravesar Exipto e Etiopía en bicicleta, xa que este home é un aventureiro incansábel. 
A actividade estivo dirixida a 5º e 6º de Primaria, debido a que están a traballar, nestes intres, o Continente Africano.
Luis invitounos tamén a somerxernos nos libros de aventuras da nosa biblioteca...
Se queredes investigar un pouco máis sobre as súas viaxes, aquí tedes o link do seu blogue:

http://africaenbici.blogspot.com.es/2016_11_04_archive.html


jueves, 16 de febrero de 2017

EQUIPO DE AXUNDANTES DE BIBLIOTECA

A pasada semana comezou a súa andaina, no recuncho de Tambo, o novo equipo de axundantes formado por alumnado de 6º de Primaria.
A experiencia está a ser sumamente positiva e colaboran: no empréstito, na catalogación de fondos, na reubicación de libros, na atención aos usuarios, etc.
Aquí temos a Antía&Antía mostrando un agasallo que hoxe recibimos da nosa madriña: Fina Casalderrey; e mirade a Alicia, Carla, Sarai e Yohana ambientando a biblioteca pola chegada do Entroido!!!



jueves, 9 de febrero de 2017

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Hoxe, 9 de febreiro de 2017, é a Xornada de Portas Abertas no colexio. 
Nela, pretendemos amosar a futuros usuarios do centro todos os servizos que ofertamos.
Mirade a opinión que ten o alumnado... e cantas cousas contan da nosa biblioteca!!!


martes, 7 de febrero de 2017

CONCURSO NACIONAL DE CURTAS SOBRE EDUCACIÓN VIAL

A Asociación RACE vén de publicar un concurso de curtas sobre Educación Vial e o noso alumnado de 5º de Primaria da materia de Valores participa cun vídeo sobre o alcohol ao volante.
Para que poida ser valorado por un xurado, precisa situarse entre os 20 máis aceptados de forma popular.
Segundo as bases do concurso pódese emitir un voto cada 24 horas dende a mesma dirección ip.
Animádevos a miralo e se é do voso agrado axudádenos clicando no seguinte link!!!

https://www.premioseducacionvial.com/cortometrajes/-/cortometraje/10303

jueves, 2 de febrero de 2017

VISITA DE FINA CASALDERREY

Hoxe tivemos unha xornada moi especial no colexio.
Visitounos a madriña da nosa biblioteca: Fina Casalderrey... e deixounos escrito algo moi fermoso no noso libro de visitas!



Como sabedes, é membro da Real Academia Galega e xa gañou a maioría dos premios que existen de literatura infantil... temos unha madriña de luxo!!!
Para recibila, os nenos e nenas argallamos un acto cargado de emocións: escenificamos unha das súas cancións, cantamos outra en directo, recitamos algunhas das súas rimas, expuxemos traballos sobre a súa biografía, démoslle uns agasallos... e todo con moito agarimo!
Ela correspondeunos cun poema da súa nai que Ángela, a irmá da profe Mili, tróuxolle por sorpresa.
Aproveitamos a ocasión para abrir as portas da biblioteca despois de catro meses de traballo duro. 
















Poderedes ver moitas novidades: un blogue remodelado, reubicación dos fondos, mobiliario, libros, ambientación e ata nova coordinadora!!!
Fina entregounos os carnets, dounos uns consellos sobre o poder da palabra e catou algunha que outra empanada, unha das súas especialidades na cociña...
Mil grazas por unha xornada inolvidable madriña!!!