viernes, 28 de abril de 2017

"CASARES-TÓN" (Videoclip)

Continuamos coa andaina comezada o curso pasado consistente en instrumentar un poema do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Este ano correspóndelle a Carlos Casares e argallamos un videoclip que pretende mesturar a súa literatura con valores, movemento, música e moita diversión.
Traballamos arreo durante dous meses e participamos todos os membros do colexio.
Recibimos os parabéns da nosa madriña de biblioteca: Fina Casalderrey... e sentímonos moi agradecidos.
Dous mestres do cole foron explicar o proceso de creación ás Xornadas na honra a Carlos Casares de Ourense convocadas pola Consellería de Educación.



Incluso a prensa estivo no cole para facernos unha entrevista: http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2017/05/05/span-langglpoesia-ritmo-spanspan-langglcasares-tonspan/0003_201705P5C6991.htm


E saímos na radio: https://soundcloud.com/o-recuncho-de-tambo/casares-ton-en-la-noche-con-esther-de-radiovoz

A actividade podedes atopala pendurada en varios lugares:

-No Portal da Lingua: http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

-Na páxina da Fundación Carlos Casares: http://fundacioncarloscasares.org/

-Na páxina da R.A.G. "Primavera das Letras": http://primaveradasletras.gal/

- No concurso Videoghit: https://sites.google.com/site/eticolmeiro/

-No facebook dos Premios Olloboi 2017.

Aquí tedes o resultado: "Casares-Tón".
Agardamos que vos guste e deixamos tamén pendurado o videoclip do pasado curso!!!