sábado, 13 de mayo de 2017

LOITANDO POLO PROXECTO "ESCORNABOTS"

Unha vez máis, o noso cole, non foi seleccionado para ser centro piloto do proxecto "Escornabots".
Como sabedes, este plan dota aos colexios dos materiais e formación necesarios para desenvolver un programa educativo cuxa ferramenta é o robot.
No Carballal estase a traballar nesta liña en Educación Infantil por parte do mestre David Rodríguez Vila (5 anos) que desenvolve, co seu robot persoal, traballos co alumnado tan impresionantes como estes dous que amosamos nos vídeos.
Agardamos que a administración o teña en conta e poidamos entrar nun futuro próximo neste fermoso proxecto adaptado aos tempos que corren.
Mil parabéns a ese mestre e eses nen@as!