viernes, 23 de junio de 2017

FELIZ VERÁN!!!

Este foi un ano ateigado de proxectos no colexio que entre todos/as conseguimos rematar...
Dende o recuncho de Tambo queremos despedirnos ata o curso que vén cun resumo do Festival tan marabilloso que fixestes... 


A rapazada de 6º de Primaria, que nos deixa para comezar unha nova etapa, agasallounos con esta actuación chea de ritmo...


Os nenos/ de 2º de Primaria celebraron o derradeiro día de curso na Piscina Municipal grazas aos cartos que gañaron vendendo os seus almanaques do invernadoiro durante a Merenda Intercultural e os/as pequechos/as de Educación Infantil celebráronno con xogos ao aire libre...
Mirade que ben o pasaron!!!



Despedimos á profe Carmen Otero que despois de 12 cursos, nos que pasou por Infantil e por Primaria, déixanos para comezar unha nova andaina en outro centro escolar.
Recibiu un fermoso agasallo e un videoclip cargado de humor e agarimo...



Recibimos tamén un disco adicado a toda a rapazada do Carballal nesta semana.
Trátase de "Son da Memoria" de Seso Durán (tío de dúas alumnas do cole: Telma e Iria).
Nel aparece o son do noso patio de recreo, xustiño ao final da canción titulada "Todo".
Igual recoñecedes a vosa voz...
Se queredes escoitar o traballo completo, mirar algún videoclip, ver fotos do proceso de gravación e moitas cousas máis, clicade na seguinte ligazón:




E recordade aplicar cremiña para o Sol... 
Faime casiño e non sexas mamalón!!!



Animádevos a ler durante o verán como fan en este centro de Guitiriz...
Feliz verán e lede moito na praia!!!

jueves, 15 de junio de 2017

QUEN É FINA?

O alumnado de 5ºB  de Primaria fixo un marabilloso traballo ao longo do curso que queda patente neste produto final realizado baixo as premisas do Proxecto Piteas.
Trátase dun cómic sobre a nosa madriña de biblioteca: Fina Casalderrey.
Comiqueamos?
Animádevos e vide lelo!!!



Deixamos tamén o vídeo da visita que Fina nos fixo no segundo trimestre...

sábado, 10 de junio de 2017

PREMIOS OLLOBOI 2017: GAÑAMOS!!!

O pasado venres, día 9 de xuño, os nenos/as de 4º de Primaria, tiveron unha cita apaixoante en Boiro, no Encontro Olloboi, que xa é o referente do audiovisual escolar galego.

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=27588


Tivemos actividades sobre gravación de curtas pola rúa durante a mañá e aprendemos moitísimo con profesionais da talla de Miguel de Lira. Fixemos tamén un traballo de investigación no mercado da vila.
Déronnos unha mención especial polo noso traballo realizado ao longo do día e quedamos encantados.







Despois do xantar presenciamos varias proxeccións didácticas e algunha estrea nos Estaleiros Triñanes de Cabo de Cruz para presenciar logo, unha fermosa gala con música en directo.
Non imaxinabamos que o premio ao mellor traballo de Primaria desta edición fora para nós pero así foi... "O cole que queremos" tivo o seu recoñecemento e queremos compartilo co noso compañeiro Álvaro que por motivos de saúde non estivo en Boiro e tamén co resto de participantes.




Deixamos catro vídeos cun resumo do día e... seguimos a pensar que o audiovisual é unha potente ferramenta educativa!!!
Grazas a Olloboi por esta experiencia inolvidábel...





Aquí tedes unha nota de prensa: 


E aí van dúas ligazóns con fotos: 




Máis información en: http://olloboi.com/