viernes, 23 de junio de 2017

FELIZ VERÁN!!!

Este foi un ano ateigado de proxectos no colexio que entre todos/as conseguimos rematar...
Dende o recuncho de Tambo queremos despedirnos ata o curso que vén cun resumo do Festival tan marabilloso que fixestes... 


A rapazada de 6º de Primaria, que nos deixa para comezar unha nova etapa, agasallounos con esta actuación chea de ritmo...


Os nenos/ de 2º de Primaria celebraron o derradeiro día de curso na Piscina Municipal grazas aos cartos que gañaron vendendo os seus almanaques do invernadoiro durante a Merenda Intercultural e os/as pequechos/as de Educación Infantil celebráronno con xogos ao aire libre...
Mirade que ben o pasaron!!!



Despedimos á profe Carmen Otero que despois de 12 cursos, nos que pasou por Infantil e por Primaria, déixanos para comezar unha nova andaina en outro centro escolar.
Recibiu un fermoso agasallo e un videoclip cargado de humor e agarimo...



Recibimos tamén un disco adicado a toda a rapazada do Carballal nesta semana.
Trátase de "Son da Memoria" de Seso Durán (tío de dúas alumnas do cole: Telma e Iria).
Nel aparece o son do noso patio de recreo, xustiño ao final da canción titulada "Todo".
Igual recoñecedes a vosa voz...
Se queredes escoitar o traballo completo, mirar algún videoclip, ver fotos do proceso de gravación e moitas cousas máis, clicade na seguinte ligazón:




E recordade aplicar cremiña para o Sol... 
Faime casiño e non sexas mamalón!!!



Animádevos a ler durante o verán como fan en este centro de Guitiriz...
Feliz verán e lede moito na praia!!!