sábado, 10 de junio de 2017

PREMIOS OLLOBOI 2017: GAÑAMOS!!!

O pasado venres, día 9 de xuño, os nenos/as de 4º de Primaria, tiveron unha cita apaixoante en Boiro, no Encontro Olloboi, que xa é o referente do audiovisual escolar galego.

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=27588


Tivemos actividades sobre gravación de curtas pola rúa durante a mañá e aprendemos moitísimo con profesionais da talla de Miguel de Lira. Fixemos tamén un traballo de investigación no mercado da vila.
Déronnos unha mención especial polo noso traballo realizado ao longo do día e quedamos encantados.







Despois do xantar presenciamos varias proxeccións didácticas e algunha estrea nos Estaleiros Triñanes de Cabo de Cruz para presenciar logo, unha fermosa gala con música en directo.
Non imaxinabamos que o premio ao mellor traballo de Primaria desta edición fora para nós pero así foi... "O cole que queremos" tivo o seu recoñecemento e queremos compartilo co noso compañeiro Álvaro que por motivos de saúde non estivo en Boiro e tamén co resto de participantes.




Deixamos catro vídeos cun resumo do día e... seguimos a pensar que o audiovisual é unha potente ferramenta educativa!!!
Grazas a Olloboi por esta experiencia inolvidábel...





Aquí tedes unha nota de prensa: 


E aí van dúas ligazóns con fotos: 




Máis información en: http://olloboi.com/