viernes, 27 de octubre de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2017

O pasado martes 24 de outubro celebramos no cole o "Día da Biblioteca Escolar".
Xustiño esa tarde recibimos unha boa nova: o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia concedeunos 1600 euros para mercar novos fondos bibliográficos grazas á memoria de actividades celebradas no recuncho de Tambo durante o curso pasado.
En breve, deixaremos un buzón na biblioteca, para que metades dentro as vosas suxerencias de libros para mercar.


Durante a mañá, celebrouse unha sesión de animación á lectura a cargo de Celtia Figueiras, en dúas tandas adicadas a diferentes idades e titulada "Os libros da titiriteira".
A continuacion procedeuse á entrega de premios e mencións especiais aos afortunados creadores dos marabillosos logos destinados á nosa Radio-Tv escolar que estamos a argallar.


Neste vídeo podedes observar como desfrutamos:


O día anterior recibimos tamén no recuncho de Tambo, unha marabillosa sesión de Raquel Queizás, titulada "Un caso azul" que trata sobre a diabete.
Pasámolo realmente xenial...